Residuos - Barreiros

Que é un xestor de residuos?
A persoa ou entidade, pública ou privada, rexistrada mediante autorización ou comunicación que realice calquera das operacións que compoñen a xestión dos residuos, sexa ou non o produtor dos mesmos (segundo a Lei 22/2011, de Residuos)

Lista de xestores autorizados

Por que debo contratar un xestor de residuos?
A Lei 22/2011 de Residuos (art.17) define que o produtor ou outro posuidor inicial de residuos, con obxecto de asegurar o tratamento adecuado dos seus residuos, está obrigado a:
a) Realizar o tratamento dos residuos por el mesmo.
b) Encargar o tratamento dos seus residuos a un negociante, ou a unha entidade ou empresa, todos eles rexistrados conforme ao establecido esta Lei.
c) Entregar os residuos a unha entidade pública ou privada de recollida de residuos, incluídas as entidades de economía social, para o seu tratamento.

Ver Lei

Como podo saber se os meus residuos son considerados como perigosos?
Considéranse residuos perigosos aqueles que figuren na lista europea de residuos, publicada na orde mam/304/2002, así como os recipientes e envases que os contiveran.

Lista Europea de residuos

Servizo de recollida a domicilio

O Concello dispón dun servizo para a recollida a domicilio de mobles e residuos. Pódese solicitar no teléfono 982 124 002 (de 09:00 a 15:00 horas).

Punto Limpo

Enderezo: Estrada Insua, Km. 3 (subida a Penabor) – Barreiros

Horario: Luns e xoves de 10.00 a 13.00 horas

Teléfono: 606011564

Correo: puntolimpio@concellodebarreiros.com

Se admiten residuos domiciliarios: plásticos, mobles, vidros de ventás, electrodomésticos, roupa… residuos perigosos: envases de produtos fitosanitarios, aceites minerais (motor), filtros de aceite, pilas, baterías, fluorescentes, etc.

Contenedores de recollida de pilas

En San Cosme:

Na Casa do Concello: Rúa Vila, nº 63. San Cosme

En Electrodomésticos Ríos: Rúa Vila, nº 39

No Estanco de Nicanor: Rúa Vila, nº 41

En Electrodomésticos Celso: Rúa Vila, nº 104

En Celeiro de Mariñaos:

No Bar Lozano: Carballo Branco, nº 44

Contenedores de recollida de roupa

Ao carón do antigo Teleclub de San Cosme. Rúa da Praia, nº 1. Barreiros

No punto limpo: Estrada Insua, Km. 3 (subida a Penabor) – Barreiros

Contenedores de recollida de aceite

Na parroquia de San Cosme:

Xunto ao Centro de saúde. Rúa Vila, nº 78. San Cosme

Xunto ao Restaurante Moby Dick. Av. Casiano Moreno, nº 23. San Bartolo

Na parroquia de San Miguel de Reinante:

No Souto, xunto ao parque infantil

Na parroquia de Santiago de Reinante:

Xunto ao Hotel Amadora, na Cruz

Na parroquia de San Xusto:

Xunto ao Bar a Curva, no Couto, nº 5

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies